CRTVG

Buscar

O Real Madrid e o VAR foron demasiado para o Betis

Publicado o 27/09/2020 14:23

 "Penalti, expulsión, o VAR e o Real Madrid xuntos é demasiado"

Pellegrini mandou o Betis a xogar contra o Real Madrid, pero di que non puido cos elementos. O técnico arxentino quedou moi satisfeito co xogo do seu equipo, que realizou unha gran primeira parte.
Porén, tivo que remontar o gol de Valverde do minuto 14, a centro de Benzemá.
Despois, dous minutos para a remontada sevillana. O empate, tras un saque de esquina: serve o balón un inspirado Canales e remata Mandi, que supera no salto a Casemiro.
Táboas no 35, e no 37 control e pase de Fekir para William Carvalho que bate a Courtois no segundo gol local.
Así que 2 a 1 para a enxeñería bética. E lesión de Kroos antes do descanso.
Pero a obra de Pellegrini non resistiu o segundo tempo. O Real Madrid mellorou, impuxo o seu criterio, e contou con axuda. A de Emerson, que se anticipou ben a Benzemá para evitar o seu remate, e foi el mesmo quen marcou en propia porta o gol das táboas. Validado polo VAR.
Tivo traballo a sala de pantallas.
Foi decisiva para que o árbitro De Burgos Bengoechea decretara a expulsión do propio brasileiro no minuto 67 con cartón vermello directo por esta acción con Jovic. A falta dende a frontal non a aproveitou Sergio Ramos por centímetros.
E tamén o VAR advertiu e ofreceu revisión da acción entre Borja Mayoral e Bartra no minuto 78, que provocou o cartón amarelo para o bético, e pena máxima de castigo para completar a remontada do Real Madrid. 22 penaltis seguidos leva marcados Sergio Ramos. Este foi o do 2 a 3 final.









TOT PELLEGRINI "Que xogar contra o Real MAdrid, contra o VAR, contra penalti e expulsión todo xunto ´ñe demasiado. É un árbitro, encargado de impartir xustiza e esta vez tocoulle toda a xustiza a favro do Real Madrid"
TOT ZIDANE "É xusto o que pasou, ao final é o que manda e eu non me meto nunca cos árbitros e non me vou meter hoxe".
 

Noticias web

27/09/2020