CRTVG

Buscar

O Raio Vallecano remonta ao Deportivo Abanca (2-1)

Publicado o 16/02/2020 21:33

DEPOR ABANCA

O Deportivo Abanca perdeu no campo do Raio Vallecano (2-1) nun partido en que empezou por adiantarse no marcador.

Conseguiu o gol galego Michelle Romero no minuto 36. Foi decisivo para o desenlace do partido o rápido empate do Raio. Marcou Oriana só dous minutos despois.

Oriana foi a portagonista do partido, ao marcar tamén o gol da vitoria no minuto 20 do segundo tempo.

O Deportivo Abanca buscou o empate e tivo a oportunidade máis clara cunha falta lateral de Nuria Rábano que bateu contra o poste.

Malia a derrota, o equipo de Manu Sánchez mantén o quinto posto na clasificación.

 

 

Noticias web

16/02/2020