CRTVG

Buscar

O Rápido de Bouzas xogará en Cataluña polo ascenso a 2ªB

Publicado o 19/06/2017 15:00

Bouzas volcouse co seu equipo e o Baltazar Pujales rexistrou un cheo histórico. Queda o partido de volta, 90 minutos nos que está en xogo o traballo de toda unha temporada

E o que aínda soña con ascender a 2ª B e o Rápido de Bouzas. Despois do primeiro partido ante o  Peralada, todo está no aire. Empate a un gol en Bouzas.

Bouzas volcouse co seu equipo. O Baltazar Pujales ofreceu a mellor entrada da temporada e cando o Rápido acadou o empate, xa na recta final, os seareiros do Rápido fixéronse notar. Queda o partido de volta. 90 minutos onde está en xogo o traballo de toda unha temporada.   

Sen ser un bo resultado o Rápido de Bouzas vai a Cataluña coa fe que lle dá un gol que consegue ó final do partido e xogando con dez. Sobrepuxéronse a un primeiro tempo do Peralada, e ó erro propio que facilitou o gol visitante á media hora. Coti tenta despexar pero balón toca en Vieytes e introdúcese na propia portería. O primeiro gol que recibe o Rápido nesta fase de ascenso foi un autogol. Ao final do período o árbitro deixou sen sancionar un penalti por man aprol dos vigueses. Na segunda parte reaccionaron os de Patxi Salinas. Chegaron as mellores ocasións. Tomás, Yousef e Carnero puxeron a proba o porteiro.

Cando mellor xogaba o Rápido, quedou con dez polo segundo cartón de Adrián. A sorte sorriu por fin no treito final. Esta vez a man acabou en penalti. Xa corría o minuto 88 cando transformou Carlos Pereira. Un gol para confiar.

Unha vitoria ou un empate a dous levaría ó Rápido directo á Segunda División B.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017