CRTVG

Buscar

A Revista

O rapeiro Drake visita por sorpresa unha nena hospitalizada

Publicado o 23/08/2018 12:52
Esta semana as redes sociais de todo o mundo entenrecéronse coa seguinte historia.

Esta é Sofía, unha pequena gran fan do rapeiro Drake. Nos corredores do hospital en que agarda un transplante de corazón expresou un desexo moi especial: que o artista a visitara polo seu 11 aniversario.
O que non agardaba a cativa é que ese soño se ía facer realidade. O rapeiro apareceu por sorpresa aproveitando un descanso da súa xira en Chicago, instantes que quedaron inmortalizados para demostrar a felicidade de ambos os dous.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

23/08/2018