CRTVG

Buscar

O ranking de Shangai sitúa a facultade de Veterinaria de Lugo entre as mellores do mundo

Publicado o 03/07/2019 15:09

A lista das mellores universidade do munco, o chamado ránking de Shanghai, de 2019, coloca no top unha facultade de Lugo.

Esta clasificación, que valora a excelencia académica sitúa a Facultade de Veterinaria de Lugo como a área mellor valorada a USC. Miden a produción investigadora das universidades e colocan esta facultade na lista que vai dos 76 aos 100 mellores centros de todo o mundo. Con todo, a Universidade de Santiago de Compostela destaca a nivel internacional noutros 17 ámbitos máis e a Veterinaria séguena outras áreas como Tecnoloxía e Ciencias dos Alimentos ou Odontoloxía e Ciencias Orais. No intervalo entre as 200 e as 300 mellores universidades atopamos tamén a produción investigadora do Campus de Santiago en Ciencia da Agricultura, Enxeñería e Ciencia da Enerxía, Enxeñería e Ciencia Ambiental, Xeografía, Física e Farmacia.

O Ranking de Shanghai é unha clasificación por materias, pero que tamén ten en conta unha enquisa de excelencia académica de cada institución.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019