CRTVG

Buscar

O Rally de Ourense chega este ano ás súas vodas de ouro

Publicado o 25/05/2017 21:31

Unha das probas máis emblemáticas do automobilismo español presentou esta tarde a súa edición número 50

O Rally de Ourense chega este ano ás súas vodas de ouro.

Unha das probas máis emblemáticas do automobilismo español presentou esta tarde a súa edición número 50, que se celebrará os días 9 e 10 de xuño. Será a cuarta proba do campionato de España de rallys, que domina Cristian García, seguido polo galego Iván Ares. En 2015 e 2016 considerouse a mellor proba do campionato. Este ano todos os favoritos ao título rodarán polas estradas de Ourense, xa que o rally é un dos de maior puntuación da temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2017