CRTVG

Buscar

O Rally da Coruña marca o inicio do campionato galego con Senra, Caamaño e Meira

Publicado o 27/02/2020 21:30

Víctor Senra comezará esta fin de semana a defensa do título que gañou os últimos tres anos. Só o seu pai, Manolo Senra, conseguiu máis campionatos consecutivos, ao gañar os cinco primeiros do século XXI.

"Consecutivos é difícil. Levamos tres e agora imos tentar pelexar polo cuarto. A ver se podemos conseguir os máximos posibles. Véxome igual, cun coche novo, que non sei aínda como vai responder. Vai estar un día complicado, con auga. O coche non o toquei nada en auga, así que hai que coller pouco a pouco o ritmo con el", di o campión galego.

Senra cambiará Citroën por Skoda. Iago Caamaño tamén estrea montura: a última xeración do Ford Fiesta. 

"Compramos un coche novo que ten seis anos menos co anterior. Suponse que en seis anos mellorarían algo o coche os ingleses. Hoxe pola mañá probei un pouco o coche do ano pasado e notei moitas diferenzas. Creo que vai bastante mellor o novo: freos, suspensión, xeometrías, diferenciais, motor... Todo un pouco", sinala o terceiro clasificado no campionato galego do 2019

Son de novo os tres favoritos. Os pilotos de tres dos 11 R5 que disputarán o campionato. Case 120 pilotos correrán este sábado o Rally da Coruña polos concellos de Aranga, Arteixo, Cerceda e Culleredo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020