CRTVG

Buscar

O radar de tramo entre Peinador e Teis multa 5.747 no seu primeiro ano

Publicado o 17/10/2019 15:50

O radar de tramo na AP-9 entre Peinador e Teis cumpre un ano dende a súa posta en funcionamento. Neste tempo, un total de 5.747 condutores foron sancionados.

Un radar que non mide a velocidade directamente, senón o tempo de paso nun tramo de algo máis de cinco quilómetros en sentido descendente. Segundo a DXT, dous foron os motivos para a súa activación: reducir a velocidade, limitada a cen, e diminuír a sinistralidade neste punto.

Por aquí pasan diariamente uns 15.000 vehículos. A DXT recoñece que neste tempo se reduciu o número de accidentes nunha zona onde os condutores pasan por dous túneles ata chegar á ponte de Rande.

En España hai 51 radares de tramo, sete deles están en Galicia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019