CRTVG

Buscar

O radar de Conxo, en Compostela, xa comezou a multar

Publicado o 06/07/2020 11:31

En Santiago, o chamado radar de Conxo, situado nese barrio compostelán para controlar o tráfico nun paso inferior, comezou hoxe a multar.

Logo dun par de semanas facendo fotos, hoxe é o día en que os condutores que superen os cincuenta quilómetros hora serán multados en Conxo.

Aínda que o radar está instalado nos dous sentidos de circulación, tanto de saída de Santiago cara ao Milladoiro como de entrada cara ao centro da cidade, só vai estar activado nun sentido cada día; sentido que os condutores non coñecerán para evitar infraccións.

Noticias web

06/07/2020