CRTVG

Buscar

O Rácing saca o carácter e acaba empatando en Lezama (2-2)

Publicado o 05/09/2021 23:23

O Rácing sobrepúxose a un mal inicio en Lezama que lle custou recibir un gol nada máis iniciarse o partido. Levábanse 47 segundos e o Athlétic B xa mandaba no marcador grazas a unha gran xogada de Artola que completou Jon Cabo no un a cero. Para colmo, no minuto oito, os ferroláns sufrían a lesión de Yefferson Quintana, que foi substituído por Jon García.

Curiosamente, a entrada do ex-xogador bilbaíno revitalizou o Rácing, que foi polo empate. Tras unha ocasión de David Rodríguez rexeitada a córner por Iru, o central remata ó poste. E a un minuto para o descanso, o propio Jon García encargábase de poñer o un a un, de novo tralo lanzamento dun saque desde o recanto.

Á volta do descanso, o Athletic B recuperou a vantaxe, esta vez tras o saque dunha falta rematada por Artola. Co marcador en contra, o Rácing sacou de novo o seu orgullo e igualou o partido grazas a un penalti por man de Núñez que transformou Joselu no dous a dous. Incluso, os ferroláns puideron levar a vitoria nun lanzamento de falta de Kevin Presa espectacularmente rexeitado por Iru. O Rácing rescataba un punto.

Noticias web

05/09/2021