CRTVG

Buscar

O Rácing perde co Marino e pon fin á súa serie vitoriosa

Publicado o 01/12/2019 20:18
Os asturianos remontaron no segundo tempo

Quedou en sete a serie de partidos sen perder do Rácing de Ferrol. Caeu na Malata diante do Marino de Luanco nun partido que semellaba controlar no primeiro tempo. Marcou ademais nunha das súas escasas ocasións. Álex López viu porta por segunda xornada consecutiva. Neste caso, o seu lanzamento golpea nun defensor e bica as redes da portería asturiana.
No segundo tempo, o Rácing cedeu o control e pasou problemas. E ademais foi vítima dos seus erros. Oo empate, aos 17 minutos do reinicio chega dun saque de porta do Marino, co erro posterior de Quique Fornos do que tira proveito un galego, Alex Boedo para definir diante de Diego Rivas.
A derrota chegou envolta en polémica, a cinco minutos do final. Esta acción, tremendamente confusa conclúe coa caída de Emilio Morillas que o árbitro interpreta como penalti. Acción máis que dubidosa da que tira proveito Guaya para marcar o tanto da vitoria. O Rácing xa non tivo marxe de reacción e puxo fin diante dos seus á serie vitoriosa dos últimos dous meses.

Noticias web

01/12/2019