CRTVG

Buscar

O Rácing empata a tres co Melilla na Malata

Publicado o 17/11/2019 14:26

O Rácing segue coa súa liña ascendente de resultados e, sobre todo, de confianza. Tres veces se puxo por diante o Melilla na Malata e tres veces igualaron os departamentais. Mawi fixo o 0-1 no 14 logo dunha gran xogada persoal. O colexiado cántabro López Parra sinalou penalti a prol dos locais nesta acción no 25. Lanzou Juan Antonio, parou Oleaga e Villarejo e Joselu estorbáronse á hora de cazar ese rexeitamento. Pero cando morría o primeiro tempo, no 44, Juan Antonio aproveitou o centro de Joselu para empatar. No segundo tempo, no 54, Diana rematou completamente só un saque de falta de Carri. Tamén a balón parado igualou o Rácing, Tavares sacou a falta e rematou Rodellar no 58. No 82, noutra falta mal defendida Mawi puxo o 2-3. Pero Joselu aproveitou o erro de Richi na saída do balón para poñer o empate a tres definitivo no 88 e deixar o Rácing de Ferrol con 19 puntos, a cinco do play-off.
 

Noticias web

17/11/2019

Máis sobre Deportes

Granada 1 - 2 Real Madrid
13/07/2020 23:56
Elxe 2 - 0 Albacete
13/07/2020 23:48
Alcorcón 0 - 0 Tenerife
13/07/2020 23:47
Sporting 2 - 1 Málaga
13/07/2020 22:07
Almería 3 - 2 Raio
13/07/2020 22:03