CRTVG

Buscar

Cristobal Parralo substitúe a Emilio Larraz no banco do Racing

Publicado o 10/02/2021 13:57

• O novo técnico xa estará no adestramento da tarde

 Hoxe foi destituído Emilio Larraz no Racing de Ferrol e Cristobal Parralo será o seu substituto.

O técnico aragonés levaba dous anos e medio en Ferrol. Levou o equipo de Terceira a Segunda B.

O domingo o Rácing perdeu co último clasificado, co Salamanca e na casa só lle gañou ao Coruxo.

O Rácing está a tres puntos do terceiro clasificado, o Compostela, a quen se enfronta este domingo e ten un partido menos.

 

Noticias web

10/02/2021