CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O Rácing de Ferrol vence en Oviedo 1-2

Publicado o 16/01/2014 21:40

Na segunda B, o Rácing de Ferrol deu un paso á fronte coa brillante remonta no Carlos Tartiere, que o deixa segundo a un punto do líder, o Rácing de Santander

Xogábase a porta pechada a segunda parte do encontro suspendido o 1 de decembro con vitoria mínima do Oviedo, e o Rácing, en superioridade numérica, foi quen de remontar en dúas accións a balón parado. A primeira aos dezasete minutos, 62 de partido. Culmina a xogada Jorge Rodríguez, en posición correcta. E a dez minutos para o final, Pablo Rey establecía o un a dous final con esta fermosa falta directa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

16/01/2014