CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Rácing de Ferrol remonta o partido do petardo antes do derbi co Ourense (tvG2)

Publicado o 17/01/2014 15:17



Na Segunda B, o Rácing de Ferrol non baixa o ritmo. Onte gañou nun Carlos Tartiere baleiro. O Racing tiña 45 minutos para remontar o gol que marcara o Oviedo o pasado 1 de decembro e conseguiuno. O empate foi obra de Jorge Rodríguez e a dez minutos para o final, Pablo Rey marcaba un auténtico golazo cunha falta directa. Un gol que lle brinda ao Rácing tres puntos moi valiosos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí