CRTVG

Buscar

O Rácing de Ferrol, novo equipo da segunda B tras ascender en Xaén (2-1)

Publicado o 02/06/2019 22:30
O Rácing de Ferrol, novo equipo da segunda B tras ascender en Xaén (2-1)

O Rácing de Ferrol xa é equipo da Segunda B a pesar de perder en Xaén por 2-1. O conxunto de Emilio Larraz comezou por debaixo no marcador, pero foi quen de empatar o encontro cun gol de Joselu que quedará para o recordo do colectivo racinguista.

De pouco serviu o gol de Fran Hernández no minuto 98, pois o conseguido por Joselu no partido de ida da Malata ascendía o equipo verde.

Noticias web

02/06/2019