CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Rácing de Ferrol gaña e xa é terceiro

Publicado o 23/12/2013 15:21



A xornada en 2ªB deixou dúas derrotas, un empate e dous triunfos.

Manu Barreiro encamiñou cedo a vitoria racinguista sobre o Noja. Dous goles do santiagués na primeira media hora deixaron ben claro que os tres puntos quedarían na casa. O triunfo, por catro a dous, deixa os de Aira na terceira posición da táboa.

No quinto posto está o Ourense que apañou un punto nas Gaunas, onde empatou a cero ca Sociedade Deportiva Logroñés. Os de Luisito tiveron boas ocasión para facerse ca vitoria, sobre todo a cargo de Álex Fernández, pero finalmente non se moveu o marcador.

Mellor sorte tivo o Compostela co outro Logroñés, a Unión Deportiva. Aos galegos fundíronselles momentaneamente os fusibles, literalmente, no minuto doce da segunda metade. Cando foi o apagamento ían cero a cero, pero nos últimos quince minutos de partido os santiagueses marcaron os dous goles que lles deron a vitoria

Derrota tamén do Coruxo, neste caso no Sardinero. O Rácing deixou claro desde o minuto un, cun gol de Mariano, que querían os tres puntos. Empatarían os galegos pero remataron perdendo por tres a un o que os deixa unha semana máis en zona de descenso.

Tampouco soubo gañar o Celta B. Caeu en Barreiro diante do Tropezón. Rafa foi o autor do único gol no minuto quince da segunda metade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí