O Racing, Bergantiños e Alondras abren con vitorias as fases de ascenso
Rácing de Ferrol 1 Real Xaén 0
Na fase de ascenso a Segunda B, o Rácing de Ferrol venceu pola mínima ao Xaén na eliminatoria de campións, grazas a este gol de Joselu no minuto 94. Contentos co resultado, os ferroláns tratarán de ascender o domingo en terras andaluzas.
Covadonga 0 Bergantiños 2
Tamén conseguiu un gran resultado o Bergantiños en Oviedo. Nas dúas fases de ascenso anteriores non lograra marcar fóra das Eiroas e ante o Covadonga venceu por 0-2. Goles de Jorge Sáez e o camerunés Ekedi. Un resultado que aínda puido ser mellor de non estrelar Agulló un penalti no pau.
Alondras 1 Mensajero 0
Este solitario e festexado gol de Abel no tempo engadido permitiulle ao Alondras vencer pola mínima o Mensjero e afrontar con vantaxe o partido de volta na Palma.
Alavés B 1 Compostela 0
E o único que comezou con derrota foi o Compostela. Perdeu 1-0 en Vitoria, co filial do Alavés, e tocaralle remontar en Santiago, no Vero Boquete.