CRTVG

Buscar

O Rácing afronta unha final pola permanencia na 1ª RFEF

Publicado o 05/05/2021 21:16

Como unha auténtica final afronta o Rácing de Ferrol o seu partido ante o Marino Luanco, o derradeiro da tempada. Coa vitoria sela a permanencia na Primeira Federación. Só terían que repetir o resultado da primeira volta na Malata, con dous cero. Se empata, debe agardar que o Numancia, que xoga contra o Deportivo en Soria, non sume máis dun punto. Pero Cristóbal non fía o seu futuro ao que fagan os veciños. O Rácing debe confiar só nas súas posibilidades.