CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

O que intentou prostituir ao fillo azsegura que era unha broma

Publicado o 18/08/2015 20:39




Quedou en liberdade o coruñés detido por ofrecer nun chat os servizos sexuais do seu fillo de once anos. A policía comprobou que o home non ten fillo ningún. A explicación que ofreceu é que todo se tratou dunha broma.

Ofreceu os servizos sexuais do seu fillo de once anos e acabou detido. Pero non tiña fillo. Tratouse, parece ser, dunha invención, unha broma. O bromista, coruñés de 47 anos, instalado en Granada, non medíu as repercusións.

"Nun delito en que estea implicado un menor extrémanse todas as precaucións. Neste caso o que podía ser unha broma quedou nunha cousa máis grave."

A presunta broma detallaba que o suposto neno estaba "afeito a ser violado". O usuario que recibiu esa oferta polo chat alarmouse e denunciou o comentario, relacionao cun delito para o que o novo código penal aumentou a pena.

"Estariamos falando dun mínimo de oito anos de prisión no caso de que se confirmase a autenticidade das manifestacións feitas por esta persoa nun chat".

No caso de que o bromista tivese efectivamente un fillo, a investigación esixiría que un perito evaluara psicoloxicamente o neno. Desencadearíase un longo proceso cun menor ás voltas. E todo polo farol botado nun chat por un que non mediu as consecuencias da palabra escrita.

"Implica un problema para el, porque está aportando unha proba dese suposto delito el mesmo. Se fai esta mesma declaración nun bar habería que acudir a testemuñas."

Este bromista saíu en liberdade despois dun tempo no calabozo. Nunca se sabe onde levarán os datos que se meten na Rede.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí