CRTVG

Buscar

"O que arde", de Oliver Laxe, primeiro filme en galego que compite en Cannes

Publicado o 18/04/2019 19:22

Un filme en galego compite por primeira vez na historia no Festival de Cannes. "O que arde", dirixido por Oliver Laxe e coproducido pola Televisión de Galicia, participará na sección competitiva "Unha certa ollada" da edición 72 do certame francés. Estivemos co director e co seu protagonista na zona da rodaxe nos Ancares.

Estamos en Vilela, nos Ancares. Na casa familiar de Oliver Laxe. De aquí sae esta historia íntima cara a alfombra vermella de Cannes. A terceira ocasión na que o cineasta preseta filme no festival francés, pero a primeira rodada en galego e competindo en "Unha certa ollada", a segunda sección de importancia do certame.

O filme de Laxe retrata a un pirómano na súa volta a casa logo de pasar polo cárcere. Amador Arias e Benedicta Sánchez son os protagonistas desta relación entre nai e fillo na que a forza está nos seus rostros.

Naturalidade e profundidade que levan a "O que arde" a Cannes cos filmes máis sobranceiros do ano, onde só Almodóvar ten tamén o seu oco en representación do cinema español.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019