CRTVG

Buscar

'O que arde', de Oliver Laxe, gaña o premio 'Unha certa mirada' no festival de Cannes

Publicado o 24/05/2019 22:43
'O que arde', de Oliver Laxe, gaña o premio 'Unha certa mirada' no festival de Cannes

O filme 'O que arde', dirixido por Oliver Laxe e producida pola Televisión de Galicia, gaña o premio do xurado na sección 'Unha certa mirada' no festival de cine de Cannes. Esta mañá recibiu xa o galardón á mellor creación sonora. A obra conta a historia dun pirómano e os motivos polos que prende lume no monte. Rodouse nos Ancares e é a primeira obra en galego a competición no festival francés. Poderá verse en toda Galicia a finais deste ano. Esta é a terceira vez que Laxe volve de Cannes cun premio baixo o brazo. 

"Aproveito para dedicarlles este premio os cineastas españois que tentan facer un cinema esencial nun momento no que o cinema en España está tan polarizado. Dedícollo para que o sigan facéndo. Imos cambiar a situación, imos gañar", sinalou emocionado Laxe ao recoller o premio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019