CRTVG

Buscar

'O que arde', camiño dos Óscar 2021

Publicado o 06/10/2020 22:40

O aclamado filme galego O que arde (Óliver Laxe, 2019) acaba de ser preseleccionado para representar España no Óscar á Mellor Película Internacional 2021.

La trinchera infinita, de Aitor Arregi, Jon Garaño, Jose Mari Goenaga; e El Hoyo de Galder Gaztelu- Urrutia, foron as outras dúas películas preseleccionadas polos membros da Academia de Cine.

O actor galego Javier Rey foi o encargado de realizar a lectura das tres finalistas nun acto na Academia de Cine acompañado polo presidente da institución, o cineasta Mariano Barroso, e un notario.

A seleccionada definitiva coñecerase, tras unha segunda votación, o próximo 3 de novembro, e a cerimonia dos Óscar nos Ánxeles terá lugar o 25 de abril de 2021.