CRTVG

Buscar

O punk e o hardcore enchen Viveiro durante catro días co Resurrection Fest

Publicado o 11/07/2018 21:40

Viveiro comeza a vivir o seu momento álxido do ano co inicio do festival de música Resurrection Fest. Os concertos xa comezaron esta mesma tarde. 

Xa comezou a música e a chegar parte desas 90.000 persoas que se espera pasen este ano, ata o domingo, por este que xa é un dos templos europeos do metal e do hardcore, o Resurrection Fest.  Agora mesmo, como vedes, estamos escoitando a banda española de hip-hop Riot Propaganda.

Quecen os ánimos dos que veñen escoitar, especialmente ao que se prevé sexa o protagonista desta primeira de catro noites de concertos, Jello Biafra, é dicir, o que fora líder da banda de punk estadounidense Dead Kennedys, que triunfara a finais dos 70 e do que agora veñen  gozar varias xeracións. Pero nas próximas horas tamén actuarán aquí en Viveiro os norteamericanos Ministry, co seu metal industrial.

En total, durante catro días de festival, serán un cento de grupos os que suban aos escenarios deste Reesurrection Fest. Cómpre subliñar algunhas bandas lendarias como: Kiss, Scorpions ou Megadeth.Este ano, amplíanse os servizos de transporte e de acampada e estréase un protocolo e un punto de atención lilas, contra a violencia de xénero. Espérase que esta edición, a 13 do festival deixe nesta mariña lucense e na comarca, uns 13 millóns de euros, amais da creación duns 2.000 postos de traballo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018