O Puma volve ser ameaza para o Logroñés
O pasado luns en Oviedo, o Puma Rodríguez volveu celebrar un gol....
O atacante lucense levaba catro meses sen marcar, curiosamente desde que se destapara con dous tantos ante seu vindeiro rival, o Logroñés, no que signficou a última vitoria do equipo fóra da casa.
"Puma" Rodríguez. C.D. Lugo. "Eu, a verdade, estou moi feliz, creo que foi a mellor decisión que puden tomar, vir aquí. Teño un grupo de compañeiros extraordinario tanto dentro coma fora do campo estou feliz, estou ben, espero seguir así".
Os números non enganan. O Puma participou en 15 partidos ainda que só en cinco o fixo a tempo completo.
Malia eso, o dianteiro marcou catro goles en sete disparos e deu unha asistencia.
Só as lesións impediron que o panameño aumentase as súas cifras.
"Puma" Rodríguez". C.D. Lugo. "Esa parte fodeume un pouco, as lesións que tiven foron lesións nas que recaín entón hai que levalo pouco a pouco."
No Lugo agardan que o Puma siga cantando...goles.