CRTVG

Buscar

O pulo de Conxemar obriga a ampliar en 5.000 metros cadrados o Ifevi

Publicado o 09/10/2019 15:36

Conxemar gañará cinco mil metros cadrados para dar cabida a crecente demanda das últimas edicións. O anuncio da chegada da Seafoodl a Barcelona precipitou a necesidade da feira da pesca conxelada de ampliar o espazo do recinto feiral. Desde a administración autonómica comprométense a axilizar os trámites o máximo posible.

O Goberno local tamén apoia a urxencia do proxecto. A ampliación ascende a preto de catro millóns de euros financiados pola Xunta e o Ifevi. O concello encargaráse das expropiacións dos terreos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019