CRTVG

Buscar

Bos días

O público arxentino tamén puido asistir ao teatro e ver unha obra en galego en pleno corazón de Bos Aires

Publicado o 18/05/2016 09:36

E no día das nosas letras, o público arxentino tamén puido asistir ao teatro e ver unha obra en galego en pleno corazón de Bos Aires.

A comedia epistolar 'Para Angustias... Consuelo', escrita pola actriz galego-arxentina Silvia Ramos, afonda na realidade da emigración galega cun toque divertido.

"En plena avenida Corrientes, considerada o Broadway porteño, unha obra de teatro en galego conta a historia de dúas amigas lucenses separadas pola emigración".

'Para Angustias... Consuelo' leva dúas tempadas enchendo o teatro Columbia de Bos Aires en cada actuación. Unha viaxe de 50 minutos onde as cartas son protagonistas para contar as penas e alegrías de Angustias, emigrada no país austral, e Consuelo, dende unha vila de Lugo, que vivían anhelando a vida da outra e soñando cun próximo reencontro.

"Se ben eu arranquei da historia destas dúas amigas, despois empecei como a incorporar a parte ficcional como para poder crear o espectáculo en si".

Unha homenaxe á emigración galega basada en feitos reais e que triunfa pola sinxeleza e os sentimentos que transmiten.

"Cada un apodérase dese sentimiento desde un lugar diferente como espectador porque hai algo que encontra como propio na obra".

Entre o público, mozos arxentinos e emigrantes de todo o mundo que se ven recoñecidos en cada escena e viven a obra cunha emoción, din, indescritible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

18/05/2016