CRTVG

Buscar

O PSOE ve ridícula a denuncia do PP e C's contra as conferencias de prensa dos venres sociais

Publicado o 07/03/2019 08:57

No PP anunciaran que recorrían á Xunta Electoral a aprobación de decretos na Deputación Permanente, coas Cortes xa disoltas, pero finalmente o que denuncian os populares ante o órgano superior da Administración Electoral non son os decretos, senón as conferencias de prensa que os anuncian.

No PSOE advertíranlles que só o Constitucional é competente para impugnar as decisións do Goberno.

Rafael Simancas, do PSOE: "O señor Casado quere ir á Xunta Electoral? Este é un país libre e cada un pode facer o ridículo como considere".

Pablo Casado, presidente do PP: "O que non foi capaz nuns presupostos xerais que eran moi lesivos para o futuro de España, estao tentanto aprobar pola porta de atrás cando xa as Cortes se disolveron".

E os populares sumaron o apoio de Ciudadanos para impugnar esas conferencias de prensa.

José Manuel Villegas, secretario xeral de Ciudadanos: "Estamos dispostos a presentar eses recursos ante a Xunta Electoral para evitar que as conferencias de prensa dun Goberno que xa convocou eleccións se convertan en mitins electorais, que é o que está facendo este Goberno".

Sánchez defendeu a aprobación de decretos como fórmula para sacar adiante medidas para as que había maioría parlamentaria, pero que PP e Ciudadanos bloquearon na mesa do Congreso.

Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE: "Claro, e ante iso pois eu como presidente do Goberno teño dúas opcións: non facer nada e resignarme ou aprobar vía RD lei aquelas medidas que eu penso que son xustas para este país".

O Goberno ten ata hoxe á unha do mediodía para presentar alegacións ante a Xunta Electoral, que o luns decide se permite ou non que sigan esas conferencias de prensa.

Noticias web

07/03/2019