CRTVG

Buscar

O PSOE ultima un acordo para a Mesa do Congreso sen Vox nin os independentistas

Publicado o 13/05/2019 21:32

• Iglesias, convencido da coalición

O líder de Podemos xa non teme un pacto PSOE-Ciudadanos e dá por feito que a coalición de esquerdas acabará abríndose paso.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, di: "Estou convencido de que imos gobernar xuntos, pero ese punto de chegada vai implicar un proceso que vai ser longo e que vai iniciarse despois das eleccións autonómicas, municipais e europeas".

O que si se dá por feito é o acordo para a Mesa do Congreso. Os socialistas terían 3 das nove cadeiras, incluída a presidencia. PP, Ciudadanos e Unidas Podemos quedarían con dúas cada un. Non sentarían nin VOX nin os nacionalistas.

Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno en funcións, di que "na mesa non teñen que estar todos os partidos. O órgano onde están todos os partidos é a Xunta de Voceiros".

E antes de todo iso, este xoves, o Parlamento de Cataluña vota a designación como senador de Miquel Iceta, a quen Pedro Sánchez quere como presidente da Cámara Alta. O voto dos nacionalistas é incerto porque non lles gustaron as formas.

Carles Puigdemont, líder de Junts per Catalunya, di que "foi un pouco precipitado por parte de Pedro Sánchez e do Partido Socialista anunciar unha presidencia feita cando a persoa non está nin nomeada senadora, e ese nomeamento depende dunha cámara soberana".

O líder de Junts Per Cat lembrou o apoio de Iceta á aplicación do 155 que o botou da presidencia da Generalitat.

Noticias web

13/05/2019