CRTVG

Buscar

O PSOE suspende de militancia a edil ferrolá que non quere deixar o Goberno municipal

Publicado o 11/01/2017 21:00

Rosa Méndez di que se trata dunha suspensión temporal, que aínda ten darlle a sua versión a xestora, pero a secretaria local, Beatriz Sestayo, pide a súa inmediata expulsión do Goberno local

O Partido Socialista suspende de militancia a concelleira de Ferrol que decidira permanecer no Goberno municipal tras a ruptura do pacto con Ferrol en Común. Rosa Méndez di que se trata dunha suspensión temporal, que aínda ten darlle a sua versión a xestora, pero a secretaria local, Beatriz Sestayo, pide a súa inmediata expulsión do Goberno local.

A resolución da xestora do PSOE  suspende de militancia, de xeito provisional, a Rosa Méndez. É, segundo a concelleira, unha medida cautelar. Agora Ferraz terá que escoitar a sua versión. Mentres, seguirá co seu labor no Concello.

A secretaria local, Beatriz Sestayo, insiste en que se trata de transfuguismo politico e pidelle ao alcalde, Jorge Suarez, que  expulse a Rosa Mendez do goberno local.

"Confiamos en que Jorge Suárez cumpra coa súa palabra e acate a decisión do PSOE de non gobernar con transfugas", di Beatriz Sestayo.

Ambas lánzanse acusacións mutuas. Rosa Mendez espera que todo se aclare unha vez que a xestora socialista resolva o seu expediente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017