CRTVG

Buscar

O PSOE reúnese co PNV, Compromís e Navarra Suma para conseguir a investidura

Publicado o 12/06/2019 15:45

Novas xuntanzas do PSOE para negociar a investidura. O secretario de Organización reuniuse esta mañá co PNV, Compromís e Navarra Suma. De momento sen ningún apoio asegurado.

Os seis votos do nacionalistas vascos son esenciais para que saia a investidura de Sánchez, pero terán que negocialos máis.

O único deputado de Compromís ofrece o voto a cambio da reforma do financiamento autonómico e sae da xuntanza cunha sensación, que haberá goberno antes do verán.

E Navarra Suma esixe que a candidata socialista renuncie á presidencia da comunidade para non votar en contra de Sánchez. O PSOE ve posibilidades de entendemento nos tres casos.

Pola tarde reúnese con Coalición Canaria e cos rexionalistas de Cantabria. Mañá é a quenda de Esquerra e Junts per Cat, pese a que os socialistas aspiran a gobernar sen eles. O que non teñen programado son contactos nin con Vox nin con Bildu, pero estes últimos avisan de que terán que reunirse se queren os seus catro votos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019