CRTVG

Buscar

O PSOE roza a maioría absoluta e Ciudadanos cae con forza, segundo o CIS

Publicado o 30/07/2019 14:50
O PSOE roza a maioría absoluta e Ciudadanos cae con forza, segundo o CIS

O PSOE continúa co seu ascenso, segundo a última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas, que o sitúa preto da maioría absoluta cun 41,3 por cento dos votos, mentres que o PP recupera a segunda posición debido ao descenso de Ciudadanos, que cae á cuarta posición.

Así o reflicte a enquisa do CIS, realizada entre o 1 e o 11 deste mes de xullo, unhas semanas antes da investidura fracasada de Pedro Sánchez.

Tras o PSOE, que pasa do 39,5 por cento ao 41,3, sitúase o PP, que mantén a mesma porcentaxe que no mes anterior, cun 13,7 por cento de voto directo, mentres que Ciudadanos cae en un mes tres puntos, do 15,8 ao 12,3 por cento, en tanto que Unidas Podemos e as súas confluencias soben lixeiramente ata o 13,1 por cento, superando a Ciudadanos, que cae con forza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí