CRTVG

Buscar

O PSOE rexeitará no Congreso a comparecencia de Iglesias sobre o financiamento de Podemos

Publicado o 24/08/2020 21:21

O Partido Socialista acaba de avanzar que votará en contra da comparecencia de Pablo Iglesias no Congreso para dar explicacións sobre o financiamento de Podemos. A comparecencia votarase mañá na Deputación Permanente. Foron o PP e mais Ciudadanos os que solicitaron a presenza do vicepresidente segundo, tras coñecerse a imputación de Podemos por presunta malversación de fondos.

A vicepresidenta Carmen Calvo asegura que o Goberno respectará o que decida o Congreso, pero no PP din que se finalmente o PSOE veta a comparecencia de Iglesias estará ratificando que a corrupción está dentro do Goberno.

En Podemos aseguran que darán toda a información necesaria e que respectarán o que decida o Congreso.

Noticias web

24/08/2020