CRTVG

Buscar

O PSOE prefire o goberno en solitario malia a oferta de Unidas Podemos

Publicado o 30/04/2019 19:24

Albert Rivera lembra que quen votaron o domingo foron os españois e non a CEOE nin un banco. Responde así ás preferencias expresadas polo presidente da patronal, Antonio Garamendi, por un pacto PSOE-Ciudadanos. O líder do partido laranxa cre que Sánchez e Unidas Podemos xa teñen un acordo, pero que o van ocultar ata despois do 26 de maio. De momento, o único certo é que as negociacións comezarán desde posicións distantes. Irene Montero, Unidas Podemos "Un goberno de coalición entre o Partido Socialista e Unidas Podemos é o único que pode garantir que hai un goberno de progreso con máis apoio parlamentario que a dereita e números abondo no Congreso para darlle estabilidade ao Goberno" Isabel Cela, voceira do Goberno en funcións "Temos unha vocación de gobernar en solitario acordando coas distintas forzas políticas. Imos ver que podemos ir facendo, pero hai tempo"

Sobre o pacto con Ciudadanos, Celaá admite que nas últimas horas viu a Rivera máis razoable, pero o atribúe aos efectos terapéuticos dos resultados electorais. Con todo, a voceira do executivo, desde hoxe en funcións, asegura que tamén van atender a opinión da miltancia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/04/2019