CRTVG

Buscar

O PSOE pide apoios para gobernar en solitario e reabre a vía portuguesa

Publicado o 27/07/2019 22:10

• Cristina Narbona di que esperan reflexión por parte das forzas políticas

• O PP dilles que non busquen que lles resolvan o problema desde fóra

• Casado reúne o martes a cúpula do PP para analizar o escenario político

O PSOE pecha definitivamente a porta a negociar un goberno de cooperación ou coalición con Unidas Podemos. Conta con gobernar en solitario con apoios da esquerda e presiona aos partidos de centro dereita para que faciliten a investidura do candidato.

O Partido Popular dilles que non poden buscar que lles resolvan desde fora o problema creado por Pedro Sánchez.

A política non marcha de vacacións tras o fracaso da investidura dePedro Sánchez. Corre o prazo para evitar eleccións en novembro peroa negociación xa non pasa por un goberno de coalicion ou cooperaciónpola esquerda.

Cristina Narbona, presidenta do PSOE: "Esperamos que haxa reflexión por parte de todas as forzas políticas, tamén por parte de Podemos. O que está claro é que oferta que se fixo é unha oferta que xa non está sobre a mesa. Pero eso non significa cambiar a nosa proposta programática, moi coincidente coa de Unidos Podemos"

O PSOE volve á idea dun goberno á portuguesa, en solitario conapoios externos. Esquerda Unida presiona aos de Pablo Iglesias paraque acepten esta vía. Pero antes hai que desbloquear a investidura,e o goberno en funcións mira a dereita. De momento Ciudadanos ePartido Popular non están pola labor…

Cuca Gamarra, vicesecretaria de Política Social do PP: "Primeiro, que pidan perdón e que ademáis non busquen fóra que lles resolvamos os seus problemas. Señores do Partido Socialista, non. Só vostedes poden salvar ao PSOE e se queren facelo teñen que resolver un problema que se chama Pedro Sánchez".

Os apoios desde o centro dereita poden ser imprescindible. Ainda logrando o de Unidas Podemos o candidato socialista necesitaria tamén o de parte do nacionalismo catalán, algo máis dificil se antes dun novo intento de investidura se emite a sentenza do xuízo do procés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/07/2019