CRTVG

Buscar

O PSOE perde a maioría absoluta en Tui tras validar a Xunta Electoral un voto para o PP

Publicado o 29/05/2019 19:39
O PSOE perde a maioría absoluta en Tui tras validar a Xunta Electoral un voto para o PP
A Xunta Electoral de Zona de Tui deu por válido un voto emitido nas eleccións municipais desta localidade pontevedresa que fora considerado como nulo durante o reconto electoral. Como consecuencia, o PSOE perdeu un concelleiro e, deste xeito, a maioría absoluta ao pasar de nove a oito actas. En declaracións a Europa Press, o candidato á Alcaldía e concelleira electo do PSOE, Enrique Cabaleiro, detallou que esta papeleta contiña un voto para o PP no que se escribiu un 'si', polo que os compoñentes da mesa na que se emitiu, situada na parroquia de Randufe, non o consideraron válido. Ademais, explicou que, aínda que no momento do reconto electoral ninguén impugnou esta decisión, o PP procedeu deste xeito posteriormente. Así, a Xunta Electoral recoñeceu este voto, o que supón que o PP pase de dous a tres concelleiros e o PSOE some oito.
Ante esta situación, Enrique Cabaleiro avanzou que a súa formación política procederá a recorrer a decisión, aínda que sinalou que a perda da maioría absoluta non conleva un "cambio" na folla de roteiro do seu partido para a localidade. Así, lembrou que, antes dos comicios, xa se mostrou disposto a integrar no goberno local ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) e a En Marea se fose preciso. 
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019