CRTVG

Buscar

O PSOE pedirá que o Congreso investigue se houbo responsabilidades políticas no accidente de Angrois

Publicado o 17/07/2017 15:19

Esta posición adoptouna a Executiva federal do partido por unanimidade. Tamén se pedirá a reapertura da comisión técnica

O PSOE pedirá que o Congreso investigue se houbo responsabilidades políticas no accidente de Angrois

O PSOE pedirá que o Congreso dos Deputados investigue se houbo responsabilidades políticas no tren do Alvia ocorrido en Angrois o 24 de xullo de 2013 en que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas. Foi unha decisión tomada por unanimidade na reunión da permanente Executiva federal dos socialistas. 

Pilar Cancela, presidenta da xestoda do PSdeG e membro da Executiva, destacou que o PSOE quería tratar este asunto "canto antes" posto que a vindeira semana "será triste" xa que se farán catro anos da traxedia, e que para as vitimnas será relevante contar co novo posicionamento dos socialistas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017