O PSOE pacta a abstención de ERC e o voto a favor do PNV para prorrogar o estado de alarma
• Os republicanos ratificaron o acordo nunha reunión de urxencia o sábado
• O grupo vasco no Congreso apoiará a sexta prórroga do estado de alarma
O Goberno de Pedro Sánchez ten previsto solicitar unha nova prorrogación do estado de alarma o próximo mércores no Congreso dos deputados e para lograla pactan a abstención de Esquerra Republicana, que votou en contra da quinta prórroga.
Nesta ocasión, o presidente do Goberno comprométese a que sexa a última prolongación do estado de alarma e a xestionar a desescalada conxuntamente coa Generalitat. A comisión permanente de ERC aprobou esta tarde o acordo.
O PNV anunciou a primeira hora da noite o seu apoio á prórroga tras chegar a un acordo co Goberno para que os presidentes autonómicos sexan os que xestionen as medidas a adoptar na fase 3 da desescalada, agás os desprazamentos fóra das súas comunidades.