CRTVG

Buscar

O PSOE non descarta que Sánchez saia investido co apoio dos independentistas

Publicado o 17/07/2019 14:36

O PSOE continúa os contactos na busca de apoios e hoxe reúniuse Ábalos co único deputado de Compromís.

Ante o distanciamento con Podemos, xa non descartan salvar a invesditura co apoio dos grupos minoritarios, o PNV e os independentistas. Os de Iglesias están sorprendidos de dinlle ao Goberno que debería cambiar o ton e as formas se pretenden chegar a acordos. Hai voces dentro de Podemos que mesmo cren que xa cederon demasiado.

Tamén entrou no debate o presidente catalán. Nunha carta aberta en La Vanguardia Torra defende votar en contra da investidura de Sánchez se non apoia o referendo. E o Goberno xa respondeu que a autodeterminación está fora de calquera acordo. Se os deputados de Junts per Cat manteñen ese non, discreparían de Esquerra, que parece decidida á abstención.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019