CRTVG

Buscar

O PSOE nega que Sánchez prefira o apoio da dereita

Publicado o 26/06/2019 18:32

A vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, negou que o presidente Pedro Sánchez lle dixese onte ao líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, que prefire "o apoio da dereita" para a súa investidura, como asegurou a número dous da formación morada, Irene Montero.

"Non entendo as declaración de Irene Montero, porque non é así, non é esa a realidade", dixo Lastra nunha visita á exposición polo 140 aniversario do PSOE, en que lle pediu a Iglesias que "aclare se o que está dicindo é que vai volver votar en contra da investidura dun presidente de esquerdas da man do PP, Ciudadanos e Vox". 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019