CRTVG

Buscar

O PSOE lograría unha vitoria cómoda nas europeas, segundo a enquisa de El País

Publicado o 20/05/2019 09:42

El País alude ao cambio previsto na correlación de forzas nas eleccións europeas sinalando que "o PSOE desbanca o PP como forza máis votada". Os socialistas obterían 17 deputados, 11 o Partido Popular, 9 Ciudadanos, a escasa distancia de Unidas Podemos, con entre 8 e 9. Vox conseguiría de 4 a 5, Ahora Repúblicas 3 e Junts per Cataluña 1, o escano corespondente Puigdemont.

Os diarios da editorial Prensa Ibéricas ofrecen otra enquisa resumida neste titular: "Bloques igualados con vantaxe mínima para a esquerda na Comunidade de Madrid". O PSOE gañaría con entre 38 e 39 escanos e Más Madrid, liderado por Iñigo Errejón, cobra clara vantaxe fronte a Unidas Podemos. Á outra beira do escenario político, o PP lograría entre 26 e 27 escanos, por diante de Ciudadanos con entre 23 e 24, mentres que Vox obtería 15.

Pola súa parte, El Mundo salienta: "A Alcaldía de Barcelona, nun puño entre Collboni, Colau e Maragall". Esquera Republicana, co alcaldable Ernest Maragall, conseguiría de 9 a 10 concelleiros, lixeiramente por enriba de Barcelona en Comú de Ada Colau, con 9 representantes, e do PSC, co candidato Jaume Collboni, que lograría de 8 a 9.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019