CRTVG

Buscar

O PSOE gañaría as eleccións xerais cun 30% dos votos, segundo o CIS

Publicado o 12/09/2019 20:45

O estudo do CIS baséase en entrevistas realizadas entre xuño e xullo. O obxectivo da enquisa é facer un balance das pasadas eleccións municipais e autonómicas, pero tamén pregunta pola intención de voto nunhas xerais que semellan cada vez menos hipotéticas. Sen a chamada cociña, o CIS revela que o Partido Socialista sería o claro gañador das eleccións, e que unha suma con Unidas Podemos superaría o bloque de centrodereita.

O PSOE sería a forza máis votada co 29,7% de intención de voto. Case triplicaría o PP, que co 11,6% mantén a segunda posición que recuperou na anterior enquisa. Podemos e as súas confluencias serían terceira forza ao sumar case un 9%, o que relega a Ciudadanos ao cuarto posto cun 7,4. Vox lograría un 3,3 de intención de voto.

Precisamente o seu líder, Santiago Abascal, é o peor valorado polos enquisados, que lle dan un 2,5. A mellor nota é para o presidente en funcións, que obtén un 4,7.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019