CRTVG

Buscar

O PSOE gaña as autonómicas en Valencia e as esquerdas suman para gobernar

Publicado o 29/04/2019 20:52

E en Valencia, onde houbo tamén eleccións autonómicas, os principais partidos dan por feito que se reeditará o pacto para un goberno da esquerda na Generalitat. O bloque de esquerda ten cinco deputados máis que o bloque da dereita e suma a maioría absoluta.

O Partido Socialista foi a forza máis votada. 25 anos despois, impúxose con 27 deputados. Compromís obtivo 17 escanos e e Unides Podem 8. O PP é, con 19 escanos, a segunda forza, pero perde 12 deputados. Por detrás quedou Ciudadanos con 18 deputados. Vox irrompe con dez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019