O PSOE fai un chamamento aos indecisos para formar un goberno "forte e estable"
Publicado o 08/11/2019 21:23
Os socialistas galegos pecharon campaña cun mitín en Vimianzo. O secretario xeral do PSdeG e mais a ministra de Sanidade en funcións arroupan os candidatos socialistas. Insistiron en chamar á mobilización de todos os progresistas para apoiar o proxecto de Pedro Sánchez. Caballero di que o PSOE é a única forza necesaria para frear a dereita.
No peche de campaña en Madrid, Pedro Sánchez pediu tamén un último esforzo de mobilización. O candidato socialista fixo un chamamento aos indecisos e aos votantes defraudados de Ciudadanos e Unidas Podemos, dixo, para que apoien un goberno, engadiu Sánchez, forte e estable.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
08/12/2019 21:00