CRTVG

Buscar

O PSOE esgrime o CIS e argumenta que os españois avalan un goberno en solitario

Publicado o 04/07/2019 08:55

• Podemos insta ao PSOE a responder ao reto de Iglesias para someter a votación unha coalición de esquerda

O candidato popular en Murcia volve intentar este xoves a investidura

A enquisa do CIS irrompe nas semanas previas á investidura concedéndolle ao partido socialista unha inteción de voto directo cercana ao 40 por cento. Os resultados desataron unha onda de reaccións. En Podemos instan ao PSOE a responder ao reto de Iglesias para someter a votación unha coalición de esquerda. E en Coalición Canaria insisten en que non darán os votos. Ana Oramas devólvelle a pelota ao PP e dille que lle presten eles a Sánchez os deputados que faltan.

Un PSOE arrasando na enquisa do CIS e Ciudadanos repetindo resultados e escalando á segunda posición pola continuidade da caída do Partido Popular. Podemos, con tres puntos menos de intencion de voto, mándalle unha mensaxe a Sánchez para que non se deixe encantar pola música da demoscopia:  "O que non teño claro son as transferencias de voto porque non me acaban de cadrar os números. Pero ben, é unha enquisa máis, aí está. O que sería moi perigoso é que o PSOE crea esas enquisas e pense que iso pode ser unha boa motivación para ir a eleccións", dixo o deputado de Podemos.

O PSOE pide negociar sobre a base do programa. Pero rexeitan o reto de Iglesias para que Sánchez someta á investidura unha proposta dunha coalición con ministros de Podemos. Para os socialistas é puro tacticismo. "Non creo que propoña ningunha cuestión, á parte de dous momentos de investidura que nós non contemplamos porque queremos unha soa investidura", dixo o secretario de Organización, José Luis Ábalos. 

Desde o grupo socialiata do Congreso Rafael Simancas preguntábase: "Se Unidas-Podemos e PSOE dicimos que o importante é a coincidencia programática e os retos que ten este país para sacar adiante, por que o resto ten que ser un problema? " 

Desde Ciudadanos , Melisa Rodríguez declarou que "a mellor opción de todas serían que en lugar de estar escribindo artigos de opinión e enviándoos á prensa, se senten a negociar dunha vez" 106

E no PP, Maroto afirmou onte que na política española unha cousa é o que se di e outra é o que sucede: "Albert Rivera dicía publicamente "eu nunca apoiarei a investidura de Sánchez e Rajoy " e apoiou primeiro a investidura de Sánchez e despois a de Rajoy. Sánchez dicía "non é non, e que parte do non non entenderon?'" e o PSOE permitiu o goberno de Rajoy", dixo.

Ana Oramas rexeita tallantemente a mediación do PP para que Coalición Canaria apoie a investidura para que Sánchez non se apoie nos independentistas ou para que non haxa que repetir eleccións. "Se o PP considera que para os seus intereses é preferible un goberno do partido socialista con Podemos en España porque ten medo a unha repetición electoral, que lle presten eles 10 deputados ao partido socialista".

O CIS revela tamén que o malestar dos cidadáns cos partidos políticos está no seu punto máis crítico desde 1985.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019