CRTVG

Buscar

O PSOE e UP, pendentes para a investidura dos tempos de Esquerra

Publicado o 07/12/2019 15:03

O preacordo de coalición entre o PSOE e Unidas Podemos depende das negociacións dos socialistas con Esquerra, que o martes terán un novo capítulo en Barcelona. Mentres, o mutismo que preside as negociacións sobre o programa e a composición do gabinete conxunto dos de Sánchez e os de Iglesias, rompeuno hoxe o portavoz dos "comúns" ao reclamar un ministerio.

O martes vindeiro volverán reunirse os equipos negociadores do PSOE e Esquerra, esta vez en Barcelona. Os socialistas xa non contan con que o acordo reciba a luz verde da outra parte antes do 19 de decembro, a data en que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea decidirá sobre a inhabilitación de Junqueras, ou mesmo do día 21, a do congreso de Esquerra. / Con todo, o celo con que arestora negocian os protagonistas da foto do 12 de novembro fai supoñer que Sánchez si conseguirá esta vez a investidura, algo ao que arestora parece axudar o avance sen filtracións no programa de goberno e na composición do gabinete. A excepción a esa regra son os aliados cataláns de Iglesias, que non ocultan a súa aspiración. Di o seu portavoz, Jaume Asens:

 "Nós somos os que resistimos, aguantamos a posición. Tanto o Partido Socialista coma Unidas Podemos baixaron en representación... Por tanto, temos forza suficiente como para reclamar ministerio".

O voceiro dos de Ada Colau mesmo apunta cal sería a súa carteira: Universidades.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019