CRTVG

Buscar

O PSOE e Podemos ábrense a dialogar con ERC, pero non confirman en que termos

Publicado o 21/11/2019 21:06

Na súa primeira aparición pública desde a sinatura do acordo con Pedro Sánchez, o líder de Podemos dixo estar optimista sobre a formación de goberno. Iglesias non quixo avanzar nada das negociacións. Á pregunta de se aceptarán a mesa de negociación que esixe Esquerra Republicana responde así.

Pablo Iglesias, Unidas Podemos: "Creo que o diálogo é imprescindible e creo que imos ter un goberno que asuma o diálogo como eixe fundamental para afrontar o problema da plurinacionalidade en España e o problema de Cataluña".

Diálogo é a palabra que repiten tamén desde o PSOE, dsipostos din, a sumar a todas as forzas de esquerda.

Carmen Calvo, PSOE: "Estamos abertos a encontrar unha base sólida que nos permita ter un goberno que afronte os problemas".

Esquerra Republicana mantén silencio, coa vista posta na consulta do próximo luns á súa militancia. Junts per Cataluña e a CUP repróchanlles que non poñan máis esixencias que unha mesa de negociación.

Quim Torra, JxC: "Que garantías temos de que esa mesa pode avanzar?, existirá a figura do relator?".

Mireia Vehí, CUP: "Non faciliten unha investidura que non teña elementos de mínimos como a amnistía e a autodeterminación".

As negociacións lévanse coa máxima discreción. A voceira do Goberno asegura que o propio Sánchez está traballando nelas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019