CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O PSOE é o único grupo que vota en contra da comisión de investigación do Marisquiño

Publicado o 11/09/2018 21:14



Comezou o curso político en Galicia co primeiro pleno do Parlamento. Alí decidiuse crear unha comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño, acontecido en Vigo hai un mes. A proposta saíu adiante malia o voto en contra do grupo socialista.

Os grupos que pediron esta comisión de investigación, En Marea e o BNG, cren que os políticos deben dar explicacións, máis aló das actuacións xudiciais que se están a levar a cabo. Os populares votaron abstención para non impedir esta comisión. Din que o fan ante a negativa de Abel Caballero a dar explicacións en Vigo. Os socialistas lamentan que o BNG e En Marea pidan autonomía para os concellos que gobernan e non respecten a do Goberno Local de Vigo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018