O PSOE e ERC reúnense de novo este martes para seguir negociando
ERC segue tendo a chave da investidura, e din que queren negociar sen présas e sen condicións. Este martes sentarán de novo co PSOE este martes. E coas mesmas esixencias sobre a mesa.
Pere Aragonés, ERC, "nós plantexaremos o dereito á autodeterminación de Cataluña"
Desde Unidas Podemos pídenlle ao PSOE e a Esquerra que se esforcen por chegar a un acordo canto antes.
Pablo Iglesias, Unidas Podemos: "Espero que sexa antes do Nadal, se non é así crearíase unha situación de inquietude e de malestar na cidadanía" Tamén o PNV mete presión. Aitor Esteban, PNV: "Cada día que pasa pode ser máis complicado pasar a investidura"
O PSOE tivo este luns a primeira xuntanza con Coalición Canaria e con Nueva Canarias. Este martes reunirase tamén con Junts per Cataluña.