CRTVG

Buscar

O PSOE domina o Senado, con 123 escanos

Publicado o 29/04/2019 15:17
O PSOE domina o Senado, con 123 escanos

A composición do Senado muda totalmente. O PSOE acada na cámara alta a maioría absoluta, con 122 deputados. Maioría absoluta que na anterior lexislatura ostentaban os populares, que quedan agora como segunda forza con só 55 escanos.

Os partidos independentistas reforzan a súa presenza na cámara. Esquerra gaña un representante e queda con 11 e o PNV case dobra representación con nove deputados. Ciudadanos queda con tres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019